21/3/08

VICTORIA SOCIALISTA

O pasado 9 de marzo o pobo español voltou a decidir que o Partido Socialista goberne, encabezado por José Luis Rodríguez Zapatero, os destinos de España. Nesta ocasión os resultados foron mellores que os da anterior lexislatura, pero como sempre os dirixentes Populares non entenden que somos nos, os socialistas quenes fomos elexidos polo pobo.
Seguen a dicir que os seus resultados foron bos xa que subiron, anda xa, quen goberna en España?
O que máis lles doe e que xa non teñen escusas, non son o partido máis votado, non imos ter que facer coalición con ningún outro partido e inda por riba subimos 5 esacños somos o partido gañador pero por riba de todo isto quen gañou foi España.
Dende a familia socilista queremos adicarlle esta victoria ao noso compañeiro Isaias Carrasco brutalmente asasinado por ETA, eses indeseables quixeron inmiscuirse en campaña da maneira máis rastreira e merdenta na que se pode tratar de disvirtuar unha campaña política.Para ti Isaias e para todolos asasinados por estos cheirentos vai esta victoria da democracia.