1/7/08

LUCIA TES O NOSO APOIO

Trala noticia lida hoxe nun periódico, non podo sair do meu asombro. Non podo crer que unha persoa que dicia estar ligada a un partido difame a outra persoa sen ter ningún tipo de proba.
Lucía ti estén tranquila, sabes que fixeches ben o teu traballo e que non cometiches ningún erro, ou si, crer que esa persoa era de confianza.
É icomprensible que esa persoa se atreva a difamar desta maneira a unha persoa que se involucrou no partido dunha maneira total, incluso que se atreva a dicir que ía sacar algún tipo de beneficio. Lucía Bouza non sacou ningún rendemento do seu posto político é máis traballa de forma gratuita para o concello de Burela, xa que non posúe ningun tipo de remuneración a modo de dedicación. A ela o único que lle interesa é traballar polo seu pobo, o cal está a recibir desta concelleira o mellor dela.
Lucía dende XSG de Burela e de min particularmente decirche que moito ánimo e a seguir traballando por Burela do mesmo xeito que o levas facendo ate o de agora.
Porque os que te coñecemos sabemos que ti traballas por e para Burela e que o teu único interese persoal é que Burela avance e mellore.