25/9/07

XSG promove a presentación no Parlamento de Galicia dunha proposición non de lei sobre cambio climático

O Grupo Parlamentario Socialista e Xuventudes Socialistas de Galicia INSTAN á Xunta de Galicia, a través do Grupo Parlamentario Socialista, a asumir responsabilidades e por en marcha accións que frenen o Cambio Climático. - “O problema do cambio climático deber ser asumido non só pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, senón tamén polo conxunto do Goberno Galego, así como por todas as Administracións Galegas, incluídos Concellos e Deputacións. Neste senso, nesta PNL esíxese á Xunta de Galicia que lidere a loita contra o cambio climático en Galicia, conxuntamente cos concellos e coa FEGAMP” Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2007. José Manuel Lage Tuñas, portavoz de mocidade do Grupo Parlamentario Socialista defenderá o mércores no Parlamento de Galicia unha Proposta non Lexislativa impulsada por Xuventudes Socialistas de Galicia, na que insta ao goberno da Xunta a por en marcha medidas e actuacións concretas co fin de contribuír a frear o cambio climático, ao mesmo tempo que a Xunta actúa como administración exemplificante na loita contra o cambio climático. O Contido da Proposición Non de Lei promovida por XSG ante o Parlamento de Galicia, propón a todos os departamentos do Goberno galego a incorporar políticas efectivas que reduzan as emisións de C02 á atmosfera, ao mesmo tempo que incorporen criterios de sostibilidade e eficiencia no funcionamento da administración, especialmente nas contratacións de bens e servizos que efectúa a Xunta. A este respecto, Isabel Lema, responsable de Medio Ambiente das XSG, manifestou que “O problema do cambio climático debe ser asumido non só pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, senón tamén polo conxunto do Goberno Galego, así como por todas as Administracións Galegas, incluídos Concellos e Deputacións. Neste senso, nesta PNL esíxese á Xunta de Galicia que lidere a loita contra o cambio climático en Galicia, conxuntamente cos concellos e coa FEGAMP.” Lage Tuñas, defensor da iniciativa, cualificou de “moi positiva a posta en marcha por parte do actual Goberno da Estratexia Galega contra o Cambio Climático, así como o programa educativo Climática” . “Sen embargo, son precisas máis iniciativas de sensibilización e educación ambiental dirixidas non só a nenos e nenas, senón ao conxunto dos xóvenes e da cidadanía, co fin de promover cambios de conduta e consumo na sociedade galega a medio e longo prazo”, engadíu tamén. Dende Xuventudes Socialistas, Isabel Lema demanda tamén da xuventude galega un comportamento responsable fronte ao cambio climático: "Debemos de ser tamén cidadáns política e ambientalmente activos. Temos que empezar a demandar dos nosos concellos e gobernos, políticas ambientais concretas, e iniciativas que frenen o cambio climático. A cidadanía pode conformar un lobbie máis forte, co que presionar ante os gobernos indecisos ante un problema de tan universais consecuencias como é o cambio climático."

20/9/07

OS UNIVERSITARIOS CONTARÁN CON AXUDAS PARA ADQUIRIR UN PORTÁTIL

A iniciativa vai dirixida a calquera estudante matriculado nas universidades públicas galegas, tanto de primeiro, segundo e terceiro ciclo coma dos posgraos oficiais. Así mesmo, están incluídas no programa as escolas adscritas ás universidades dos campus galegos.

Os reitores das tres universidades galegas e o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando X. Blanco, presentaron o pasado mércores 19 de setembro a posta en marcha do convenio de colaboración Uniporta para o vindeiro curso 2007-2008, polo que se porá a disposición dos estudantes universitarios axudas para a compra de ordenadores portátiles con conectividade sen fíos.
Esta medida insírese no marco de colaboración institucional coas entidades académicas, co fin de facilitarlle á comunidade universitaria o acceso aos servizos e contidos da Internet e das Intranet universitarias, dun xeito deslocalizado e flexible, mediante a adquisición por parte dos alumnos de ordenadores portátiles con conectividade sen fíos.
A iniciativa vai dirixida a calquera estudante matriculado nas universidades públicas galegas, tanto de primeiro, segundo e terceiro ciclo coma dos posgraos oficiais. Así mesmo, están incluídas no programa as escolas adscritas ás universidades dos campus galegos.
O convenio incorpora novidades respecto dos asinados nos anos precedentes. Así, a axuda por ordenador ascenderá este ano a 200 euros, fronte aos 150 € das anteriores convocatorias. Asemade, neste curso os estudantes poderán escoller o modelo de portátil que queren mercar e facelo en calquera establecemento comercial, o que supón unha novidade salientable, posto que nos cursos precedentes só se subvencionaban dous únicos modelos de ordenadores distribuídos por unha única empresa.
A continuación poñemos o link no que podedes descargar descargar a convocatoria das ditas axudas.
Fonte CXG.

19/9/07

AXUDAS PARA O ALUGUER DIRIXIDAS A XENTE MOZA.

Deixovos eiqui unhas notas básicas da nova lei aprobada polo goberno e impulsada pola gran ministra Carmen Chacón, esta lei permitiranos, ós mozos e ás mozas, facer fronte ó noso aluguer con máis facilidade económica grazas ás axudas que nos da ó goberno do Psoe e que non se parecen en nada a aquela farsa electoralista que creou a Xunta do PP malchamada Bolsa de Aluguer.
Tamén poño un enlace para que vexades un video explicativo do novo plan do ministerio de vivenda.


PLAN DE APOYO A LA EMANCIPACIÓN E IMPULSO AL ALQUILER


La vivienda es el segundo problema para el conjunto de los españoles y el primero para los jóvenes

La mayoría de los jóvenes quiere emanciparse pero tiene dificultades económicas para hacerlo. La edad media de emancipación en España está cercana a los 30 años (de las más altas de Europa).

El encarecimiento de la vivienda, ahora en tasas del 5%, sufrió un alza del 150% entre 1998 y 2005. En España el alquiler está poco desarrollado, representa el 11% del mercado, frente al 40% de media en Europa.

El Gobierno socialista ha presentado hoy las primeras medidas para facilitar el acceso a la vivienda a los españoles con menores rentas y a los jóvenes que desean emanciparse. Estas son:

* Ayudas destinadas a los JOVENES:

- Renta de 210 euros al mes para el pago del alquiler para jóvenes, de entre 22 y 30 años, con ingresos máximos de 22.000 euros brutos anuales. La prestación podrá recibirse durante 4 años como máximo, lo que significaría 10.080 euros a lo largo de 48 meses.

Y además:

- 600 euros de préstamo para la fianza
- Un aval de seis meses para garantizar seguridad a los propietarios


* Ayudas destinadas a las FAMILIAS y ALQUILADOS CON RENTAS MÁS BAJAS :

- Deducción fiscal del 10’5%, equivalente a la que se aplica a la compra de vivienda, SIN LÍMITE DE EDAD y para inquilinos con ingresos máximos anuales de 24.000 euros netos.

Y es más:

- La medida es compatible con la renta para el alquiler joven


Beneficiarios y al coste de estas medidas:

Renta de alquiler para jóvenes: En el primer año se estima que podrán beneficiarse 361.000 jóvenes (180.500 contratos de alquiler). El coste será de 436,5 millones de euros.

Deducción fiscal: 700.000 familias aproximadamente en un año, con un coste de 348 millones de euros.


A todo ello se suman medidas para dar MAS SEGURIDAD y VENTAJAS a los PROPIETARIOS de las viviendas:

- El pago del aval incluido en la renta de alquiler para jóvenes
- La entrada en vigor el 1 de enero de 2008 de la deducción de rentas obtenidas por el alquiler.
* 100% de exención para los ingresos derivados de contratos con jóvenes menores de 35 años
* Que se suma al 50% de exención para los demás casos


http://www.youtube.com/watch?v=OmOK7RDMJEo

AS XSG DE BURELA RENOVAN A SUA EXECUTIVA.


As XSG de Burela renovaron o pasado día 18 de Setembro a súa executiva local, a nosa anterior secretaria xeral, Sonia Fraga, convertiuse na flamante nova secretaria xeral do Psdg-Psoe Local, polo tanto e para poder antender a todas a súas ocupacións tivo que abandoar a secretaria de XSG.
Como xa dixen o pasado luns 18 de Setembro celebramos unha asamblea extraordinaria para a elección da nova executiva, esta executiva proposta pola nosa compañeira Sonia foi aprobada por unanimidade e esta composta polas seguintes persoas:

Sº Xeral: Pablo Yáñez Ramil.
Sª de Organización: Marta Amenedo Castiñeira.
Sº de Educación e Deportes: Alberto Méndez Suarez.
Sº de Cultura: David Freije Coto.
Sª de Política Social e Comunicación: Vanesa García Cayón.
Sª de Formación e Emprego: Angélica Gómez Sanchez.
Sª de Medioambiente: Rita Lamparte Alonso.
Vocais: Sandra Barcia González, Sonia Fraga Seara, César García Amor, Francisco Echevarría Rubiños, Francisco Freije Coto.

Esta executiva comprometeuse a traballar arreo para facer actividades e concienciar á xente nova da importancia da súa presenza na vida tanto pólítica como social do noso concello, mostrando a súas enquedanzas e sendo inconformistas para tratar de que entre todos Burela mellore.