19/8/08

INTERVENCIÓN DA SECRETARIA XERAL DAS XSG DE GALICIA

Aqui podedes ver a intervencion da nosa Sª Xeral Loli Rodríguez Amoroso no Congreso do PsdeG.

http://www.youtube.com/watch?v=_bP5eQ_0RyU

8/8/08

GRAN EXITO DO JAZZ EN BURELA

As XSG de Burela queremos felicitar á Delegación de Educación do Concello de Burela, e en especial á súa responsable a concelleira Lucía Bouza, polas xornadas de Jazz organizadas por dita delegación.

Dende as Xuventudes Socialistas consideramos que este tipo de actividades son moi interesantes para establecer unha rede de acontecementos culturais dentro do noso concello dunha maneira máis asidua.

Consideramos que o resultado destas xornadas foi dun éxito total tanto de asistencia coma de calidade dos grupos participantes, tamén compre destacar que participaran grupos locais, xa que de ese modo faise unha promoción moi interesante da actividade musical desenrolada polos diferentes grupos do noso concello.

A agrupación de XSG de Burela felicitamos a Lucía Bouza por esta iniciativa e agardamos que se sigan celebrando actividades culturais desta índole, xa que son moi necesarias para a promoción do concello e de paso dáselle un gran pulo a actividade cultural de Burela que tanta falla fai despois de tantos anos de abandono debido a inoperancia do anterior goberno local constituido polo Partido Popular.