23/1/09

AXUDAS ASOCIACIONISMO MUNICIPAL

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza destinará un total de 134 950 euros ao fomento do asociacionismo municipal, a través de mancomunidades de municipios, áreas metropolitanas e consorcios. Recollese na edición do DOG do 9 de Xaneiro do 2009.

Así, establécense subvencións en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2009 en favor destas entidades no que se refira aos gastos de funcionamento ou aos referidos á prestación de servizos de carácter obrigatorio para os municipios asociados.

Para pedir estas axudas, as organizacións interesadas deberán ter presentadas as súas contas do exercicio 2007 no Consello de Contas de Galicia. Non serán consideradas as solicitudes daquelas entidades supramunicipais que non teñan actualizados os seus datos no rexistro correspondente da Consellería de Presidencia, e o mesmo sucede cos consorcios locais dos que forma parte a Xunta e financia, en todo ou en parte, os seus gastos de funcionamento.

Na valoración de solicitudes ponderaranse criterios como o número de núcleos de poboación que son atendidos pola entidade; os servizos que esta presta con carácter intermunicipal; os proxectos que supoñan unha racionalización de actuacións e un aforro de custos en relación coa prestación de forma illada por cada concello; e as necesidades da entidade valorando os seguintes aspectos: creación de áreas metropolitanas, funcionamento de mancomunidades e consorcios e estudos para a creación de consorcios ou mancomunidades.

A axuda económica que se conceda poderá acadar como máximo o 80% do total do orzamento presentado, en función das peticións presentadas e da dispoñibilidade de crédito.

Documentación necesaria O prazo para presentar solicitudes será dun mes. Xunto con elas deberanse incluír unha certificación do acordo asembleario no que se aproba o acollemento aos beneficios destas axudas; a relación da previsión dos servizos que se pretenden realizar e para os que se solicita a subvención; o orzamento detallado dos gastos de funcionamento para os que se pide a mesma; o certificado do secretario da presentación das contas de entidade no Consello de Contas de Galicia; e a declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo proxecto doutras administracións públicas.

Se algunha documentación da solicitada neste artigo xa constase en poder da Dirección Xeral de Administración Local -e non se producise nela ningunha variación dende que foi presentada- non será necesario achegala novamente.

Fonte: Consello da Xuventude de Galicia. Xunta de Galicia,

17/1/09

AS XSG TEÑEN PESO NAS SEGUINTES ELECCIONS O PARLAMENTO GALEGO.

As XSG DE GALICIA, adquiren un gran peso nas vindeiras eleccións ó Parlamento Galego, xa que conta con varios dos seus membros entre os Candidatos a ocupar un poso de Parlamentario e como desexamos no próximo goberno da nosa Comunidade.
Os representantes de XSG de Galicia nas listas son:

- Loli Rodríguez Amoroso, Secretaria Xeral de XSG de Galicia e que se presenta pola provincia de Lugo.

- Silvia Fraga Santos, Secretaria de Política Institucional das XSG de Galicia e representa a povincia da Coruña.

- María Torres Pose, Secretaria de Formación e Comunicación das XSG de Galicia e representa a provincia da Coruña.

- Antonio Sánchez das XSG de Curtis e representa a provincia da Coruña.

- Nacho Filgueiras das XSG de Pontedeume e representa a provincia da Coruña.

- Jose Manuel Lage das XSG de Outes e exsecretario Xeral de XSG Galicia, e representa a provincia da Coruña.

A todas eles moita sorte de cara as vindeiras eleccións do 1 de Marzo, todos debemos aportar o noso gramillo de area para conquerir que formen parte do vindeiro Goberno de Galicia.

No que respecta a nosa vila cabe destacar que unha vez máis teremos representación nas listas e por suposto no Goberno, porque o Psoe vai gañar, o noso representante é Ismael Rego que unha vez máis conta coa confianza do partido e concurrirá no posto terceiro pola provincia de Lugo e do cal seguiremos a confiar na súa boa labor como representante de Burela no Parlamento e no Goberno da nosa Comunidade.

Moita Sorte a todos eles e que teñan claro que imos traballar a reo para que poidan traballar para todos nos ó fronte do Goberno de Galicia.