17/1/09

AS XSG TEÑEN PESO NAS SEGUINTES ELECCIONS O PARLAMENTO GALEGO.

As XSG DE GALICIA, adquiren un gran peso nas vindeiras eleccións ó Parlamento Galego, xa que conta con varios dos seus membros entre os Candidatos a ocupar un poso de Parlamentario e como desexamos no próximo goberno da nosa Comunidade.
Os representantes de XSG de Galicia nas listas son:

- Loli Rodríguez Amoroso, Secretaria Xeral de XSG de Galicia e que se presenta pola provincia de Lugo.

- Silvia Fraga Santos, Secretaria de Política Institucional das XSG de Galicia e representa a povincia da Coruña.

- María Torres Pose, Secretaria de Formación e Comunicación das XSG de Galicia e representa a provincia da Coruña.

- Antonio Sánchez das XSG de Curtis e representa a provincia da Coruña.

- Nacho Filgueiras das XSG de Pontedeume e representa a provincia da Coruña.

- Jose Manuel Lage das XSG de Outes e exsecretario Xeral de XSG Galicia, e representa a provincia da Coruña.

A todas eles moita sorte de cara as vindeiras eleccións do 1 de Marzo, todos debemos aportar o noso gramillo de area para conquerir que formen parte do vindeiro Goberno de Galicia.

No que respecta a nosa vila cabe destacar que unha vez máis teremos representación nas listas e por suposto no Goberno, porque o Psoe vai gañar, o noso representante é Ismael Rego que unha vez máis conta coa confianza do partido e concurrirá no posto terceiro pola provincia de Lugo e do cal seguiremos a confiar na súa boa labor como representante de Burela no Parlamento e no Goberno da nosa Comunidade.

Moita Sorte a todos eles e que teñan claro que imos traballar a reo para que poidan traballar para todos nos ó fronte do Goberno de Galicia.

3 comentarios:

María Torres dijo...

Moitas gracias, compañeiros!!!!
Agora toca traballar duro para conseguir que os socialistas volvamos a gobernar!!! Un bico enorme e mil apertas

silbelf dijo...

Moitas gracias,compañeiros!! Espero non defraudarvos e representar dignamente a nosa organización!! Como ben dí María, agora o que nos toca e traballar moi duro, arrimar todos/as o ombreiro para que consigamos de novo unha Galicia socialista. Un governo que governe para todos/as e non só para uns poucos. Conseguir entre todos/as mellorar o mundo que nos rodea.
Unha gran aperta

ANTONIO SÁNCHEZ dijo...

Gracias

Faremos o que poidamos para que Touriño sexa presidente.