20/9/07

OS UNIVERSITARIOS CONTARÁN CON AXUDAS PARA ADQUIRIR UN PORTÁTIL

A iniciativa vai dirixida a calquera estudante matriculado nas universidades públicas galegas, tanto de primeiro, segundo e terceiro ciclo coma dos posgraos oficiais. Así mesmo, están incluídas no programa as escolas adscritas ás universidades dos campus galegos.

Os reitores das tres universidades galegas e o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando X. Blanco, presentaron o pasado mércores 19 de setembro a posta en marcha do convenio de colaboración Uniporta para o vindeiro curso 2007-2008, polo que se porá a disposición dos estudantes universitarios axudas para a compra de ordenadores portátiles con conectividade sen fíos.
Esta medida insírese no marco de colaboración institucional coas entidades académicas, co fin de facilitarlle á comunidade universitaria o acceso aos servizos e contidos da Internet e das Intranet universitarias, dun xeito deslocalizado e flexible, mediante a adquisición por parte dos alumnos de ordenadores portátiles con conectividade sen fíos.
A iniciativa vai dirixida a calquera estudante matriculado nas universidades públicas galegas, tanto de primeiro, segundo e terceiro ciclo coma dos posgraos oficiais. Así mesmo, están incluídas no programa as escolas adscritas ás universidades dos campus galegos.
O convenio incorpora novidades respecto dos asinados nos anos precedentes. Así, a axuda por ordenador ascenderá este ano a 200 euros, fronte aos 150 € das anteriores convocatorias. Asemade, neste curso os estudantes poderán escoller o modelo de portátil que queren mercar e facelo en calquera establecemento comercial, o que supón unha novidade salientable, posto que nos cursos precedentes só se subvencionaban dous únicos modelos de ordenadores distribuídos por unha única empresa.
A continuación poñemos o link no que podedes descargar descargar a convocatoria das ditas axudas.
Fonte CXG.

No hay comentarios: