3/2/08

SE NON VES TAMEN PODES VOTAR.

Como ven todos saberedes o próximo día 9 de marzo celébranse as eleccións xerais, dende as XSG de Burela queremos recordarche que o teu voto é moi importante e necesario xa que unha das princiais responsabilidades que temos é a elección dos nosos representantes no Congreso dos diputados e no Senado.
Ainda que non te atopes na túa localidade tamén podes votar por correo, para os que non sepan como se fai explicamolo aqui seguindo uns sinxelos pasos:
a..) Tedes de prazo ata o 28 de Febreiro para poder tramitar a vosa solicitude devoto.

b..)Para isto, teredes que acudir a unha oficina de correos co voso DNI,pasaporte ou permiso de conducción ( non vale fotocopia ).

c..)A Oficina de Correos remitirá esta solicitude á Delegación Provincial daOficina do Censo Electoral correspondente.

d..) A entrega do certificado de inscripción e resto da documentación remitirase posteriormente por correo certificado ó domicilio que indiquedes na solicitude, eteredes que recollela persoalmente previa presentación do Documento deidentificación. De non atoparvos no domicilio, deixarásevos aviso para recoller adocumentación persoalmente na oficina de correos. e.. Unha vez recibida esta documentación, teredes que remitir a través de correocertificado o sobre de modelo oficial co certificado de inscripción no Censoelectoral máis o sobre ou sobres de votación ata o 5 de marzo.Se tedes calquera dúbida, podedes consultar a Orde do Ministerio de Fomento queaxunto vos enviamos.

Temos que conquerir que non volvamos a pasar por 8 anos de sufrimento coa dereita española que cada día que pasa é máis radical e intolerante.

Saúde e República.

No hay comentarios: